Xuventude Promete

banner-xuventude_promete

Xuventude Promete é un programa da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.

Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.

Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.

Ver folleto  do programa: folleto_WEB_Xuventude_Promete

Mais info: http://xuventude.xunta.es/