Xuventude pon en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mocidade

A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

cursoIdiomas2014

Desde hoxe está dispoñible na web http://xuventude.xunta.es/ a información de esta iniciativa que se organiza en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia. Os idiomas que se ofertan nos cursos que se realizan en países dos cinco continentes son inglés en Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelanda e Sudáfrica; alemán en Alemaña e Austria; francés en Francia; italiano en Italia; portugués en Portugal e ruso en Rusia.

A duración dos cursos é semanal, como mínimo de dúas semanas, e o número de leccións varía dun curso a outra, así coma o horario. Para o aloxamento ofrécense diversas opcións: en familia, residencia ou pisos de estudantes.

Os prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Os mozos e mozas con carné xove terán un 6 por cento de desconto sobre os prezos do curso.

O prazo de solicitude é aberto, é dicir, só é necesario facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes en tempada alta (de xuño a setembro). Para as accións formativas en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

Para inscribirse no curso tense que chamar ao teléfono 981 544 840 ou ben enviando un correo electrónico co asunto “cursos de idiomas no estranxeiro” ao enderezo idiomas@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo