Xornadas literarias

Aberta a inscrición para as XIII Xornadas Literarias de Neda adicadas ao xénero do terror

Coa participación do Concello, a Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, celébranse as XIII Xornadas Literarias de Neda os días 22, 23 e 24 de abril no campus ferrolán e na Casa das Palmeiras da vila nedense. As persoas interesadas en participar no evento poden inscribirse gratuitamente na Casa da Cultura de Neda, a través do correo electrónico cultura@neda.dicoruna.es, ou ben desde o número de teléfono 981 390 233.