Xornadas de voluntariado na deputación

O próximo día 12 de novembro celebraranse na Deputación Provincial da Coruña as Xornadas sobre Voluntariado e Política Social (Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial entre as 9.30 e 18.30 horas).
Estas xornadas teñen como finalidade promover novas formas de participación social artellando formas de financiamento, participación en convocatorias europeas, creación de redes de coordinación e colaboración, empregos das novas teconoloxías, etc.
As xornadas contarán coa participación, entre outros, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Asociación Galega de Aprendizaxe- Servizo, Concello de Padrón, etc.

Para máis información e inscrición nas xornadas poden consultar a páxina web www.accionvoluntaria.net