Xornadas de formación para profesionais do tempo libre

A Consellería de Política Social a través das Direccións Xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Maiores e Persoas con Discapacidade, en colaboración co Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA) e a Rede de Ocio Inclusivo de Galicia, vai organizar unha dobre sesión formativa dirixida ás persoas profesionais do tempo libre, co fin de concienciar, reflexionar e formar sobre a importancia do ocio inclusivo e centrado nas persoas e así atender as necesidades formativas neste ámbito.

A aprendizaxe a as vivencias derivadas da participación nun campamento dependen en grande medida de que as/os profesionais coñezan os recursos e estratexias que permitan dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e nenas, empregando técnicas e recursos axeitados ás características das persoas.

Así, co fin último de promover a mellora continua no ámbito do lecer para favorecer a inclusión de todas as persoas na comunidade, o vindeiro sábado 17 de xuño terán lugar no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, as seguintes actividades formativas de carácter presencial e dinámico:

 

INCLUSIÓN NAS ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

OBXECTIVOS:

  • Facilitar aos monitores e monitoras distintos conceptos metodolóxicos e ferramentas que favorezan o desenvolvemento dun programa de lecer para a inclusión na comunidade.
  • Potenciar, dende a aprendizaxe de diferentes técnicas a xestión do lecer para a inclusión na comunidade.
    • Dar a coñecer os principios do lecer inclusivo, promovendo e apoiando o lecer de calidade e a inclusión na comunidade.
  • Capacitar ás persoas asistentes para dar resposta ás necesidades sociais e de lecer das persoas ás que prestan apoio.
  • Promover a mellora continua no ámbito do lecer para a inclusión na comunidade.
  • Buscar colaboradores entre as persoas e os/as profesionais responsables dos diferentes recursos da comunidade, para que ofrezan espazos de uso comunitario que sexan accesibles, facilitando a comprensión do entorno para a participación e inclusión social na comunidade.

PRAZAS: 25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.

HORARIO: 9:30 A 14:00 e de 16:00 A 21:00

PROGRAMA: MÓDULO 1: CONCEPTOS BÁSICOS PARA A INCLUSIÓN.

1.1       Coñecendo á persoa derrubamos barreiras (alimentación, alerxias, sexualidade, saúde…).

1.2       Somos iguais en dereitos e oportunidades (dereitos, valores e proxectos de vida).

1.3       Cambiamos a mirada (inclusión, integración, deseño universal, accesibilidade…).

MÓDULO 2.    HABILIDADES PARA O TEMPO DE LECER.

2.1.      Obstáculos e desafíos.

2.2.      Habilidades sociais, emocionais e instrumentais.

2.3.      Actuación ante situacións de crise.

2.4.      Apoios á persoa (talleres prácticos: comunicación, apoios visuais…).

2.5.      Recursos para a adaptación de materiais, dinámicas e espazos.

MÓDULO 3.    FERRAMENTAS PARA A PLANIFICACIÓN DUN CAMPAMENTO ATENDENDO Á DIVERSIDADE.

MÓDULO 4.    O PAPEL DO EQUIPO.

4.1       O papel do/a monitor/a como persoa transmisora de valores e facilitadora de relacións.

MÓDULO 5.    SUPOSTOS PRÁCTICOS A RESOLVER EN EQUIPO.

 

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN TDAH PARA PROFESIONAIS DO TEMPO LIBRE.

OBXECTIVOS:

Coñecer o trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).

Aportar aos profesionais do tempo libre o coñecemento necesario sobre o TDAH para que poidan abordalo nos campamentos da mellor maneira posible, facilitando o desenvolvemento das persoas e a súa integración.

Informar das dificultades de aprendizaxe asociadas.

Ampliar as estratexias dos/as monitores/as e directores/as para adecuar a resposta educativa dada ás persoas con TDAH.

Coñecer estratexias que che permitan dar resposta ás súas necesidades educativas utilizando técnicas e procedementos adecuados.

CONTIDOS:

Que é o TDAH?

Características.

Os beneficios do lecer e tempo libre para os nenos e nenas con TDAH.

Cómo traballar a comunicación.

Técnicas para favorecer e fomentar a interacción social.

Desenvolver as fortalezas

Eu como monitor, motivo?

Estratexias a traballar. Metodoloxías adaptadas ás persoas.

PRAZAS:25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.

HORARIO: de 10:00 a 14.30 horas.

INSCRICIÓN:As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir o formulario dispoñible en http://xuventude.xunta.es. O prazo para formalizar as inscricións rematará o vindeiro mércores 14 de xuño. As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscrición. A obtención de praza dá dereito á comida do día 17 no propio albergue.

Mais info: www.xuventude.net