Xornada Xuventude e Igualdade

Xornada Xuventude e Igualdade

PDF

Imprimir

Mercores, 23 Marzo 2016 10:32
2016diaeuropeoinformacionCon motivo do día europeo da Información Xuvenil, a Dirección Xeral de Xuventude está a organizar a xornada Xuventude e Igualdade que se desenvolverá o vindeiro 15 de abrilen Santiago de Compostela.

Os obxectivos son concienciar as persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da Información para a prevención da violencia de xénero e o acoso.

Os destinatarios/as desta xornada son os Informadores/as e técnicos/as de Xuventude, técnicos dos Espazos xove, dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes de TASOCT, entidades prestadoras de servizos a Xuventude, persoas interesadas na temática.

Prazo de inscrición: O prazo de inscrición estará aberto ata o día 8 de abril as 14.00 h

As prazas son limitadas ao aforo do salón de actos e o criterio de selección será por orde de inscrición. Ás persoas admitidas comunicaráselle por correo electrónico.

Lugar: Salón de Actos do MUPEGA. San Lázaro. Santiago de Compostela
PROGRAMA

10:15 h. Entrega de documentación.

10:30 h. Relatorio Inaugural  Xuventude e Igualdade.
Cecilia Vázquez Suárez. Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Susana López Abella. Secretaria Xeral da Igualdade

11:15 h. Relatorio
A Información xuvenil como elemento da prevención e Programas e liñas de actuación para o tratamento da violencia de xénero na xuventude.
Suso Antelo. Director centro coordinador de información xuvenil.
Mª Belén Liste Lázara. Subdirectora Xeral para o tratamento da violencia de xénero

11.45 h. Mesa redonda.
Igualdade de xénero, educación e acoso escolar
Esther Arias Martínez. psicóloga do grupo informal Saraiba.
Pilar Lorenzo Vilar. Experta en Violencia de Xénero. DXXPV.
Correspondentes Xuvenís do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela

12.15 h. Descanso.

12.45 h. Mesa Redonda
Ciberbullying, ciberacoso, sexting no colectivo xuvenil.
Isabel Presas Cacheda. Educadora Social. Quérote+
Judith Velasco, psicóloga do grupo informal Saraiba.

14.00 h. Clausura da Xornada