Xornada sobre maltrato infantil

IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia. Venres 15 de abril ás 17 h.

IV Xornada AGAMME

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as súas IV Xornadas nas que se darán cita unha serie de relatores especializados no novo marco normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade.

A xornada de AGAMME dará comezo ás cinco da tarde cunha presentación por parte dun membro da asociación do marco xeral no cal se encadran os relatorios. A primeira intervención terá lugar ás 17:15 coa intervención de Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil e autora de influentes libros como “El pretendido síndrome de alienación parental” e artigos como o recente “Violencia vicaria: Los hijos y las hijas víctimas de la violencia contra sus madres”.

Ás 18:15 correralle a quenda a José Antonio Ramos Vázquez, profesor de dereito penal da Universidade da Coruña, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.

Logo dunha pausa de 15 minutos terá lugar a terceira e última das intervencións, a partir das 19:30, a cargo de Felisa Balboa, psicóloga clínica que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.