Xornada sobre ética y discapacidade

Xornada sobre Ética e Discapacidade

O mércores 6 de abril, FEAFES Galicia acolle unhas xornadas sobre Ética e Discapacidade baixo o nome “Un día para a reflexión”. Trátase dun foro que pretende abrir debates e ofrecer distintos puntos de vista sobre a realidade que nos está tocando vivir e como repercute nas persoas con discapacidade e nos seus familiares. A inscrición é gratuita ata cubrir o aforo.

Nos últimos tempos estamos a vivir unha auténtica “revolución científica” en todas as disciplinas que teñen que ver, dun xeito ou doutro, coa natureza humana. Aínda que os avances na medicina, na bioloxía ou na psicoloxía, por exemplo, redundan xeralmente nunha mellora das condicións de vida das persoas, tamén é certo que os novos coñecementos e a súa ampla difusión social están a impactar profundamente na nosa concepción como humanos e no lugar que ocupamos con respecto ao noso entorno.

Na maioría dos casos, esta nova “información” entra en conflito con valores e comportamentos moi arraigados e interiorizados en amplas capas da sociedade, producíndose así unha crise de valores. A estes novos conflitos non son alleas as persoas con discapacidade e os seus familiares, abríndose debates novos e chegando a auténticas encrucilladas éticas e morais.

A Xornada de Ética e Discapacidade “Un día para a reflexión” organizada por FEAFES Galicia, pretende abrir debates e ofrecer distintos puntos de vista sobre a realidade que nos está tocando vivir e como repercute nas persoas con discapacidade e os seus familiares.

O encontro terá lugar o 6 de abril de 09:15 a 15:00 na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela). A inscrición é gratuíta ata esgotar o aforo e o encontro está aberto a calquera persoa interesada.

Inscríbete en:
https://docs.google.com/forms/d/1LHFAxpNcraBkKXU8qY2trNRCwZJ3inQZYwCLLrxN6G0/viewform?c=0&w=1