Xornada MÓVETE

Xornada MÓVETE: Programas de Prácticas internacionais, Recursos e Oportunidades de traballo e mobilidade para a mocidade

Martes, 29 Marzo 2016 07:16
2016moveteA Universidade de Santaigo organiza a Xornada MÓVETE o vindeiro mércores 30 de marzo na Facultade de Relacións Laborais en horario de mañá e na Facultade de Filoloxía en horario de tarde.

Esta xornada está aberta a universitarios, tanto estudantes como recén titulados, así como a técnicos de orientación.

Descrición:
Móvete por Europa: Programas de prácticas, oportunidades de traballo e recursos para a mobilidade de mozos/as. Servizo Voluntariado Europeo
Puntos de Información EURODESK
Programa ERASMUS Prácticas+ da USC
Prácticas e voluntariado no contorno internacional
Correo electrónico de contacto: saeelabo@usc.es

Máis información: http://bit.ly/1RjRVNT e nos teléfonos 881 812 850 e 881 812 838