Xornada formativa: Coaching e Marca Persoal

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada formativa dirixida á mocidade, na que se abordarán os conceptos, fundamentos e técnicas de coaching.

Esta actividade terá lugar na aula de formación do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela, o día 29 de febreiro de 2016, en horario de tarde de 17.00 a 21.00 h.

A xornada consta de dous obradoiros de tipo teórico-práctico orientados a desenvolver o potencial persoal para emprender proxectos nas mellores condicións posibles.

17.00 h – Obradoiro: Marca persoal para xóvenes. A marca és ti.

Aproximación á Marca Persoal. Cómo aplicala para conseguir os nosos obxectivos profesionais.
Aproximación ao noso perfil profesional, análise persoal.
Definición dos nosos obxectivos. Necesidades e accións de mellora (online/offline)
Elaboración do noso extracto persoal. Aprender a presentarnos e transmitir a nosa“esencia/marca” coa nosa mensaxe en base a os nosos obxectivos. Elaboracion de noso c.v.
Ferramentas de búsqueda de emprego.
Cómo afrontar nosa entrevista laboral.

19.00 h – Obradoiro de Coaching:

Bloque I: Motivación e Autoestima
Que é o normal?
Diferenza entre crenza e feito
Como funciona o noso cerebro?
Primeiras impresións
Motivación
Profecías auto-cumpridas e o efecto Pigmalión
Autoestima e autoconcepto
Fortalezas e Debilidades: aceptación
Análise DAFO persoal

Bloque II: Visión
Diferenza entre soño / visión
As tres preguntas poderosas do coaching
Exercicio: Mandala
Vídeo peche

Prazo de inscrición:
O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas mércores 24 de febreiro.
A inscrición na xornada realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Rúa Ramón Piñeiro, 17-19.
15702, Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607