Xornada Emancipación Xuvenil

O 14 de decembro as 17:30 e organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e o Concello de As Pontes, terá lugar na Biblioteca Municipal o Obradoiro de Emancipación Xuvenil
O obxectivo desta xornada é informar e proporcionar as ferramentas prácticas para facilitar a emancipación dos mozos e mozas do núcleo familiar. Deste xeito, a través dun obradoiro práctico de 3 horas de duración os/as asistentes poderán coñecer os recursos dispoñibles para a mocidade, en especial en materia de emprego, autoemprego, e de axudas para adquisición ou aluguer dunha vivenda.
Os destinatarios/as son mozos e mozas menores de 30 anos.