Voluntarios/as para Banco de alimentos

Un ano máis, no Banco de Alimentos Rías Altas queremos axudar a máis de 18.000 persoas que nos necesitan en toda a provincia da Coruña xa que as necesidades alimentarias de moitas familias seguen a ser unha realidade.

Os vindeiros días 1 e 2 de decembro realizaremos a GRAN RECOLLIDA de alimentos en supermercados e grandes superficies comerciais en toda a provincia da Coruña e para elo pedimos a tua colaboración como voluntari@.
Para levar a cabo esta iniciativa é clave a vosa colaboración.

En As Pontes a recollida terá lugar no supermercado EROSKI. Os voluntarios, de dous en dous, estarán organizados en quendas de 1 hora e 30 minutos.

Se queres participar chama ao teléfono 627821816 (Rebeca)