Voluntariado xuvenil en Austria

Programa de Voluntariado Xuvenil CommEUnicate! en Austria

As zonas rurais en Austria a miúdo carecen dunha perspectiva europea ou transcultural: aínda que a inmigración é unha cuestión importante, os inmigrantes están na súa maioría invisibilizados e excluídos do discurso oficial, e moitas das vantaxes dunha Europa sen fronteiras non son percibidas no día a día, como si sucede nas áreas urbanas. Esta é a razón pola que o Programa de Voluntariado Xuvenil CommEUnicate! ten como obxectivo xerar un diálogo europeo entre a poboación nova da rexión de Salzkammergut.

A organización xuvenil Jugendzentrum YOUZ convida a mozos voluntarios a converterse nunha parte activa do centro xuvenil, traballando con mozos da zona e acompañándolles na súa vida diaria durante 9 meses. Este voluntario será un embaixador da súa propia cultura e difundirá o seu legado cultural entre a xente nova da zona. Co fin de ter unha plataforma máis ampla, o proxecto colaborará coa emisora de radio local Freies Radio Salzkammergut: o voluntario adquirirá as nocións básicas para producir contidos de radio e emitir unha serie de programas acerca da súa perspectiva cultural, experiencia europea e outros temas relacionados coa mocidade.

Actividades
O voluntario converterase en parte do equipo do centro YOUZ, o que implicará participar nunha ampla gama de actividades, como a organización de pequenos eventos, a motivación dos mozos para formar parte deles, charlas regulares con eles sobre a súa vida, dar consellos se é necesario, etc. (Un total de 25 horas por semana).

Ademais disto, o voluntario encargarase de crear un programa de radio (semanal ou mensual) sobre temas que lle interesen, á vez que outras actividades (gravación de pistas, entrevistas, etc.). O idioma deste contido dependerá do voluntario (7 horas en total por semana).

No primeiro mes de estancia, a atención centrarase en dotar ao voluntario das ferramentas necesarias para o desempeño destas actividades (pequenos talleres, inmersión en ambas as organizacións, etc.). Ademais, poderá aprender alemán ao longo da duración do proxecto.

Datas
Setembro 2016 – Abril 2017

Requisitos
Maiores de 18 anos, interesados en traballo xuvenil e medios de comunicación. Idiomas requiridos: nivel básico de inglés ou alemán.
Aloxamento: habitación individual con baño, no centro da cidade.

Persoa de contacto:
Andrea Csiki-Keil
Auböckplatz 6
4820 Bad Ischl
Tel: 06132/24909
Mail: project@bi-young.at

http://www.bi-young.at/juz/