Voluntariado para a Xuntanza de Familias Acolledoras de Galicia

Con motivo do Día Universal dos Dereitos do Neno, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social está a organizar unha Xuntanza de Familias Acolledoras de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado día 21 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Coa intención de fomentar e reforzar a figura do acollemento familiar, celebrarase unha mesa redonda e dous puntos de atención e información, así como actividades lúdicas para os nenos, para o desenvolvemento das cales precísanse persoas voluntarias que realicen as seguintes funcións:

INFORMATIVA

1. Acompañamento, orientación e información das instalacións ás familias, en especial a aquelas persoas con mobilidade reducida.
2. Organización do gardarroupa.
· Número de voluntarios: 10

EDUCATIVA
Colaboración co persoal contratado na atención aos menores que participen nos obradoiros.
· Número de voluntarios: 3-4

Inscripcións: http://www.voluntariadogalego.org/web/index.php?mod=not&ide=2575