Voluntariado

FESTIVAL DA LUZ 2015

Un ano máis o Concello de Boimorto vai celebrar o FESTIVAL DA LUZ os días 12 e 13 de setembro para o que solicitan a colaboración de persoas voluntarias neste evento de carácter benéfico.

Os voluntarios poderàn colaborar nas seguintes tarefas:

-Apoio no aparcadoiro.
-Apoio na caseta de Cruz Vermella (no caso de persoas voluntarias que realizaran estudos de enfermería e mediciña).

A colaboración será de 4 horas diarias como máximo.

Os voluntarios deberán desprazarse por conta propia ata o lugar onde se celebra o Festival e a cambio da mencionada colaboración:

– Terán cuberto o correspondente seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante o período de colaboración.
– Daráselles unha comida diaria.
– Poderán pernoctar, se o desexan, no albergue público sen coste (o albergue está situado a uns 4 kilómetros de onde se realizará o Festival polo que é preciso dispor de coche para desplazarse ata el).
Unha entrada por voluntario para o Festival.
Aparcamento gratuito (previa acreditación).

Realizarase unha reunión previa para organiar as quendas de colaboración e horarios das mesmas.