Volta ao cole

O vindeiro mércores día 11 o alumnado de educación infantil e primaria e o día 16 o alumnado de secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos empezarán o curso escolar 2013-2014. A volta ao cole sempre supón un gasto estraordinario para as familias. Libros, material escolar, roupa deportiva, calzado, actividades extraescolares e de reforzo…. Este ano co paro en cifras históricas e os salarios á baixa este comezo de curso ven a complicar todavía mais a situación das familias galegas.

Un dos gastos máis importantes é o dos libros de texto. Pese a que este ano non houbo un aumento significativo -uns 50 céntimos por libro, din nas librerías- nos últimos cursos sí houbo unha escalada progresiva. De media, uns 220 o 240 euros na etapa de primaria -nos últimos ciclos elevase a cifra-, e 300 na educación secundaria. No bacharelato a cifra é similar, uns 300 euros, e a todo elo hai que sumarlle o coste do material escolar. O programa de “gratuidade solidaria” da Consellería de Educación -cheques de axuda que varían en función da renda e a etapa escolar-non cubre na maioría dos casos nin o 50% do gasto. Ademais hai que ter en conta que a etapa de educación infantil non está incluida en dito programa por non ser obrigatoria (ainda que a escolarización nesas idades e practicamente total). Os libros para os nenos de educación infantil teñen un custo entre 120 e 180 € ao que hai que engadirlle o material.

Neste curso suben as ensinanzas zas de réxime especial, como escolas de idiomas, de danza o os conservatorios profesionais de música, xa que a matrícula sube por riba do 30 %.

Comedores

O servizo de comedor escolar deixará de ser gratuito para o alumnado que ten dereito ao transporte. A consellería de educación establece un sistema de rendas polo que as familias pagarán 1, 2,5 o 4,5 euros en función dos ingresos mensuais (renda 2012). Aindan así, manterase a gratuidade para o 57 % dos comensais. Este curso non paga o 92 % de eles, polo que perderá a gratuidade un 35 % dos estudiantes. Ademáis, o prezo máximo elevase de 3,21 euros a 4,5, xa que segundo a Xunta o que abonaban as familias non cubre o custe real da comida, de 4,5 euros por alumno e día.

Ademáis da renda, a Xunta terá en conta para establecer as tarifas o número de fillos. Un dos aspectos chamativos desta norma é que se penaliza as familias monoparentais. Por exemplo, unha nai solteira cun fillo pagará 45 euros de comedor se ingresa 1.143 euros mensuais. No caso de que haxa dous proxenitores, con eses mesmos ingresos non aboarán nada.

Servizos Sociais concederá axudas a 129 familias pontesas para o curso escolar 2013-2014

O executivo local destinou 20.000 euros a estas axudas o que supuxo un incremento de case o 70% con respecto á partida económica de 2012.

129 familias pontesas beneficiaranse este curso das axudas á escolarización ofertadas dende o executivo local, mediante o departamento de Servizos Sociais. Así o concello repartirá xa nestes días 18.400 euros dos 20.000 destinados a esta partida e que servirán para facer máis levadeiro o inicio do curso escolar. De feito, segundo informaron dende a concellería que dirixe José Alén, nos vindeiros días xa se comunicará por carta aos beneficiarios esta concesión, que deberán achegarse ata as oficinas de Servizos Sociais, na Casa Dopeso, para recoller o seu vale de compra e que poderán canxear nas diferentes librarías pontesas ata o 15 de setembro, vales que oscilan entre os 80 e os 150 euros, segundo o curso do alumno solicitante e que servirán para a adquisición de libros ou material escolar para os cursos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Ciclos Formativos.

No tocante á cifra de concesións, das 163 solicitudes presentadas foron aceptadas un total de 129, o 80% , quedando excluídas aquelas que sobrepasaban os niveis de renda máxima permitidos para optar a estes fondos ou as que non incluían toda a documentación necesaria.

Nembargantes, o vindeiro luns abrirase un segundo prazo para optar a estas axudas, prazo dirixido a alumnado de Bacharelato ou novos empadronamentos no municipio. Está previsto que se destinen a esta segunda quenda de axudas os 1.600 euros restantes da partida asignada a este fin. Así, ata o 13 de setembro, todas aquelas familias con estudantes que comecen Bacharelato ou aqueles alumnos que non residían en As Pontes denantes do primeiro prazo de solicitude terán a oportunidade de facer a solicitude precisa para beneficiarse das mesmas

Os requisitos para optar a estas axudas serán os mesmos que os anunciados o pasado mes de xuño sendo necesario cubrir unha solicitude no departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello e que deberá incluír o certificado de estar matriculado nun centro sostido con fondos públicos e un xustificante dos ingresos da familia que non poderá exceder os 380 euros mensuais de renda per cápita. Esta documentación deberá ser entregada como prazo máximo ata o vindeiro día 13 aínda que para solventar calquer tipo de dúbida é posible achegarse polas dependencias da Concellería de Servizos Sociais.