Vacina da varicela

A varicela repunta en España tras o bloqueo da vacina nas farmacias

No que vai de ano rexistráronse máis de 63.000 casos, un 16,5% máis que o mesmo periodo do 2013

O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saude (CISNS), no que están representados o Ministerio e as comunidades, acordou en marzo do 2013 o primeiro calendario vacinal común para todo o Sistema Nacional de Saude (SNS), que precisaba que a vacina da varicela debía administrarse (e, por tanto, financiarse) aos 12 anos en aqueles neno/as que non pasaran  a enfermidade.

O Ministerio de Sanidade,pola sú parte, considera que en España existe unha sobrevacunación da varicela e cree que so deben ser vacinados  aqueles nenos e nenas que teñan 12 anos e no pasaran previamente a
enfermidade.
A Asociación Española de Pediatría, a Asociación Española de
Vacunología e a Sociedade Española de Medicina Preventiva, Saude Pública e Hixiene, denunciaron que vacinar a un neno de varicela o  margen dos
estrictos calendarios de vacinación autonómicos podía resultar misión imposible si se ten a residencia en cualquer lugar de España que non sexa Madrid, Navarra, Ceuta o Melilla.

A Federación Empresarial de Farmacéuticos Españois (FEFE) relaciona este incremento coa falla de vacinación ante as restriccións no suministro de vacinas as oficinas de farmacia, que levou ao laboratorio fabricante, Sanofi Pasteur MSD, a denunciar ao Ministerio de Sanidad por non poder vendelas libremente como ata agora.

Durante a presentación do Congreso Extraordinario da Asociación Española de Pediatría o presidente dea organización, Serafín Málaga,  asegurou que  os argumentos que aporta o Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade para administrar só, e por tanto financiar, aos neños de 12 anos que non pasaran a varicela, “non están baseados en datos científicos”.

Os pediatras insisten en que a vacina da varicela é “moralmente” obrigatoria e está xustificada científicamente.

Por elo,  insisten na necesidade de que se vacinen os nenos en dua fases: unha entre os 12 e os 15 meses e outra entre os 3 e os 4 anos. “Esto e o que se está a facer noutros países europeos, polo que o que está ocurrindo en España é unha excepción”, sentenciou o presidente da AEP.