Últimos días!!! Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015

Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade.
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Persoas destinatarias
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial

Requisitos
· Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%
· Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización
· Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
· Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
· Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
· Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Servizos ofertados
· Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino solicitado.
· Manutención en réxime de pensión completa.
· Programa de actividades de animación sociocultural.
· Material necesario para a actividade.
· Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
· Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes

Destinos:
Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo-A Coruña.
de 11 a 14 anos do 1 ao 10 de agosto
de 15 a 18 anos do 11 ao 20 de agosto
de 19 a 25 anos do 11 ao 20 de agosto
de 26 a 40 anos do 20 ao 29 de agosto

Residencia de Tempo libre Panxón. Nigrán. Pontevedra.
de 11 a 14 anos do 1 ao 10 de xullo
de 15 a 18 anos do 1 ao 10 de xullo
de 19 a 25 anos do 1 ao 10 de setembro
de 26 a 40 anos do 1 ao 10 de setembro

Prezo: 125 €
Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove.

Modelo de solicitude e de informe médico:
A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinadas polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico,
segundo corresponda.
Estes impresos están a disposición das persoas interesadas na páxina web: http://benestar.xunta.es

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño incluído.

Máis información no teléfono social 900 333 666 e en http://benestar.xunta.es