Transporte gratuito para a mocidade: tarxeta xente nova

A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas. 🚎

Quen a pode utilizar?
Mozos e mozas de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

Dirección Xeral de Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova, para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, incluídos.

Á xente nova aplicaráselle unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.

Que é?
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina:http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.

Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e e no correo electrónico: tmg@xunta.gal