Titorías para menores na Aula CEMIT

Continuación da actividade “Titorías para menores”

O próximo mércores 13 continuará a actividade “Titorías para menores” que se viña celebrando na aula CeMIT durante os meses de outubro, novembro e decembro.

Esta actividade, para a que se reservarán 2 horas semanais todos os mércores de de 5 a 7 da tarde, ten como obxectivo que acudan os rapaces, tanto de primaria como da ESO, que ,ou ben, necesiten consultar as súas dúbidas acerca da realización de traballos, busca de información na Internet e outros aspectos que se lles demandan na súa vida escolar ou para, simplemente, a realización desas tarefas utilizando os medios dos que dispón a aula.

Agustín Purriños Romero

cemit.aspontes@xunta.es

Edificio Usos Múltiples Dopeso
Rúa Rosalía de Castro Nº 28, Soto
CP 15320 – As Pontes de García Rodríguez
Tlf Aula: 637900975