Titorías para a preparación do exame de Graduado en Secundaria por libre

O Concello de As Pontes, a través da Consellería de Servizos Sociais, pon en marcha de novo o Programa de titorías para a Obtención do título en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.

As titorías son sesións en grupo ou personalizadas para apoio ao estudo. Serán impartidas  en horario de mañá por persoal cualificado na casa de D. Pedro (ao lado do mercado). O alumnado recibirá os materiais necesarios para a preparación do exame.

Cubre a túa matrícula no Servizo Psicopedagóxico Municipal (Departamento de Servizos Sociais) na Casa Dopeso 2º andar do 21 ao 30 de xaneiro. Tfno 667129335

Programa Gratuito 30 prazas.

Consulta DOG: AnuncioG0164-220113-0001_gl