Tic Tac Town

Uns 300 escolares participan no Día do Voluntariado

Asistentes aos talleres Tic-Tac Town. . C. ARIAS

O proxecto da Deputación Tic Tac Town promove actividades de sensibilización

Martes 14 de Abril de 2015 | Cristina Arias | As Pontes

Algo máis de 300 escolares ponteses dos centros de primaria celebraron o Día do Voluntariado a través do proxecto Tic Tac Town, unha vila itinerante chea de actividades que promove a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a cooperación entre os máis pequenos.

O pavillón do CPI Monte Caxado converteuse nun gran espazo de xogos e obradoiros no que se habilitou unha zona, baixo o nome de Paseo da Esperanza, para dar a coñecer a actividade de varias entidades de voluntariado na vila. Estaban representadas Cáritas, A Xanela e Aspanaes.

El Progreso