TIC TAC TOWN, A VILA DO CAMBIO

A Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes e os pon en marcha unha actividade de fomento do voluntariado entre os mais novos.

Tic tac town, a vila do cambio terá lugar o vindeiro xoves día 9 de abril no pavillón do CPI Monte Caxado en horario de mañá (de 10 a 14:00) e participará alumnado de todos os centros educativos de primaria.

TIC TAC TOWN é un lugar moi especial: Único, máxico e solidario.

Como todas as vilas, TIC TAC TOWN está chea de encanto e de recunchos por descubrir.

Todas as persoas que vivimos en TIC TAC TOWN entendemos que o tempo é o máis valioso que posuímos. Por iso creemos que debemos compartilo coas e cos demais sen esperar nada a cambio. Simplemente polo feito de axudar ás persoas que nos rodean. É por iso, que todas e todos os habitantes de TIC TAC TOWN levamos colgado connosco un gran reloxo.

As persoas residentes en TIC TAC TOWN entendemos a nosa vila como un gran espazo de encontro coas persoas que se deciden a visitarnos libremente. Desexamos que te sintas a gusto, moi a gusto e, para elo, imos a facer todo o que poidamos para que a túa estancia na nosa vila sexa o máis agradable, divertida, entretida, sorprendente, concienciadora e inesquecible posible.

Neste gran escaparate do voluntariado que é TIC TAC TOWN as persoas visitantes poden contactar directamente connosco e coñecer de primeira man quen somos, que facemos, como o facemos e cando o facemos, así como, coñecer as nosas necesidades, demandas e ofertas de voluntariado.

UNHA VILA, MÚLTIPLES RECUNCHOS

Como te dicía, TIC TAC TOWN esta cheo de recunchos con encanto, así que, para que non te perdas á chegada do recinto achegarémoste un plano da nosa vila.

Nesta vila do cambio terán cabida as asociacións do ambito social de as Pontes: Cáritas, A Xanela e ASPANAES  que darán a coñecera súa labor diaria entre os participantes.