TEATRO INFANTIL EN ABRIL

Dentro da programación cultural de abril, a Concellería de cultura achegará o teatro aos máis pequenos;

O domingo 14 de abril, Baobab Teatro, presenta en As Pontes a obra para bebés BABS. Babs é un espectáculo tenro e acolledor para gozar en familia. Unha obra moi visual, musical, estética e de bonitas palabras, ese mundo é Babs. Babs está orientado para os máis pequenos, un espectáculo creativo para que os máis pequenos poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións.

Babs é unha experiencia máxica para bebés e familia onde a tenrura é a protagonista. Dirixido a nenos de 1 a 4 anos e familias.

domingo 21 de abril, Sarabela Teatro, achegará ás Pontes o seu último espectáculo infantil A VOAR.

A voar! é o novo un espectáculo familiar de Sarabela Teatro  que  toma como inspiración a novela de David Almond “Mi papá es un hombre pájaro”, premio Cristian Andersen 2010.  Falan desde a tenrura e o sorriso da necesidade dos afectos, dos cambios de roles, da locura e de como cicatrizar as ausencias. Zoe é unha deliciosa nena de 9 anos protagonista desta historia  na que reconducirá as fantasías máis tolas do seu pai nunha aventura compartida, desarmándonos coa súa sensatez e grandes doses de amor.

A Voara está indicada para rapaces de 6 a 12 anos