Suspéndese o Pleno Extraordinario Urxente relativo á eliminación do ciclo de Bacharelato no IES Castro da Uz  

 

 O Pleno Extraordinario Urxente, inicialmente convocado para o día de hoxe ás 11:00h, segundo acordo adoptado no Consello Escolar Municipal do día 15 de febreiro, foi suspendido, a petición do portavoz do grupo municipal do PP .

Despois da Xunta de Portavoces convocada de urxencia para tratar esta petición do grupo municipal do PP, acordouse facer unha nova convocatoria de pleno para o vindeiro luns, 20 de febreiro de 2017, ás 10:00h.