Skate Park en As Pontes

O skate park de As Pontes está xa listo para o seu uso . A Concellería de xuventude do Concello de As Pontes realizou unha inversión de 25.000 euros para a colocación deste parque para os aficionados ó monopatín en todas as súas variantes. Asemade, decidíanse incluir xa os elementos precisos para que as seis rampas estivese adaptadas para a práctica de skate, BMX e patíns en liña.
A estructura confórmase cunha serie de módulos desmontables de xeito que poda empregarse tamén noutras ubicacións ou deixar o espazo libre se fose preciso. Son rampas de aceiro, cubertas de taboleiro contrachapado, moi semellantes ás que xa se poden atopar en parques de patinaxe doutras cidades españolas, como son os casos dos parques de Sa riera en Mallorca, Alcudia, Alahurín de la Torre ou Son Moix. Con esta nova oferta lúdico-deportiva, a Concellería que dirixe Chicho Tembrás, espera dar resposta a unha vella demanda da mocidade pontesa que verá así cumpridas as súas necesidades de contar cunhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte. Neste caso en concreto agradeceuse a dispoñibilidade total da Asociación veciñal da casilla, Beira da Areosa, para a implantación do skate park na Praza da Lembranza.
COMPARTIR
Artigo anteriorBo Nadal 2013
Seguinte artigoProxecto Práxide