Un bo regalo de nadal para nenos e nenas con autismo

Sígueme é unha aplicación gratuita deseñada para potenciar a atención visual e entrenar a adquisición do significado en persoas con autismo. O proxecto funciona sobre diferentes dispositivos táctiles e non táctiles: ordenadores de sobremesa, pizarras dixitais, netbooks, portátiles (Windows y Linux) e tabletas (iPad y Android).

Desenrolada pola Fundación Orange e a Universidae de Granada, o obxectivo global da aplicación educativa SIGUEME é favorecer e potenciar o desenrolo dos procesos perceptivo-visual e cognitivo–visual en persoas con autismo de baixo nivel de funcionamento, para conseguir a adquisición do significado (asociación de imáxes a etiquetas verbais e o seu significado).

Este proxecto da sentido e orienta a intervención a realizar coas persoas que ainda non teñen acceso á lectura e a escritura e non accederon  á  comprensión do significado das palabras e as imaxes.

Presentanse seis fases que van desde a estimulación basal á adquisición de significado a partir de vídeos, fotografías, debuxos e pictogramas, incluindo as últimas fases actividades de categorización e asociación mediante xogos.

Seis fases incrementales

atención
Atención
Presentan unha serie de secuencias animadas (espirais, círculos, líñass…) que teñen como obxectivo captar a atención a través de estímulos visuais e  auditivos
video
Video
Para entrenar a atención visual a través de secuencias de vídeos reais e en 3D. Esta fase representa elementos davida diaria divididos en escenarios (ex. Supermercado), entornos (ex. Alimentación) e áreas (ej. Zona lácteos).
imagen
Imagen
Incrementase a abstracción presentando os mesmos elementos que na fase anterior en forma de imaxes con animacións sinxelas. Estas imaxes se representan dentro do contexto aobque pertencen.
dibujo
Dibujo
Paso da imaxe real (fotografía) ao debuxo en color e en branco e negro.  Traballa a equivalencia entre un mesmo concepto representado como fotografía, debuxo e silueta en escala de grises.
pictograma
Pictograma
Faise un repaso das fases previas e se introduce por primeira vez os pictogramas, para aprender a recoñecelos e traballar na xeneralización de conceptos. Potencia a representación mental e a comprensión lingüística.
juegos
Juegos
Diferentes xogos onde se traballa o  recoñecemento de conceptos e a ordenación según criterios de similitude, cor e funcionalidade; usando todas as modalidades traballadas (fotografías, debuxos, pictogramas…).

Persoalización

Unha gran fortaleza desta aplicación é a posibilidade que ofrece á hora de personalizar os seusa contidos, permitindo eliminar, crear o sustituir as imaxes, vídeos e sons do programa por outros pertencentes ao repertorio de obxectos, espazos e intereses do propio usuario, usando para elo el modo editor da aplicación.

Ademáis da edición de actividades, Sígueme soporta a configuración de perfiles de usuario. Esta configuración serve para asociar información aos alumnos (nome, fotografía, etc.) así como unha serie de propiedades adaptables: tipos de interacción, representación de textos (tipografía e capitalización), son e visualización de actividades o xogos

No manual pedagóxico podese consultar máis información sobre os obxectivos do proxecto e  recomendacións de uso da aplicación. Ademáis o manual inclue unhas follas de seguemento e valoración para facilitar o traballo aos educadores o titores.

Mais INFO: Fundación Orange

http://www.proyectosigueme.com/