Servizos Sociais e o CIM presentan o programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

O Concello de As Pontes, a traverso da Concellería de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM), xa conta co programa íntegro de actividades dirixido á conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, e no que se aglutinan dende exposicións ata actividades deportivas, xornadas de concienciación escolar ou obradoiros de manualidades.

Para este ano, o departamento que dirixe José Alén volveu apostar por poñer en marcha actividades para escolares e adultos, para homes e mulleres e adaptadas a todo tipo de idades e gustos e nas que, ademáis da concellería de Servizos Sociais, tamén se conta co respaldo do departamento municipal de Deportes, RTVEume, o Clube de Montaña O Caxado, a Biblioteca Municipal, a Asociación de Amas de Casa ou o Clube de Kick Boxing Frank.
Durante case un mes está previsto que se alternen diferentes iniciativas que arrincarán o vindeiro luns, nos centros educativos de Primaria, e coas que, en verbas do propio concelleiro de Servizos Sociais e Atención Cidadá, o que se busca e continuar na liña de concienciación de anos anteriores para lograr que se instaura a idea real de igualdade entre homes e mulleres, tanto en escolares coma nos adultos.
José Alén tamén recoñeceu que aínda queda moito camiño por percorrer para lograr a erradicación dos estereotipos sexistas ou das desigualdades laborais, por razón de sexo, pero que a liña de políticas que se están a aplicar están a ser do máis acertadas, sobre todo á hora de traballar cos máis novos que serán a sociedade do futuro e que están a ser obxecto de múltiples iniciativas, ao longo de todo o ano, para lograr eliminar os roles de homes e mulleres en prol da igualdade real entre eles e ellas.


Programa de actividades

O luns, día 5, arrincará a Semana da Muller nas Escolas, que se desenvolverá nos centros de Primaria de As Pontes, e que este ano terá como obxectivo analizar o papel da muller no cine. Asemade, tamén en vindeiros días este traballo extenderase aos centros de Secundaria e Bacharelato onde se abordará o papel da muller na historia, na ciencia ou incluso na publicidade.
O día 8 de marzo, entre as 10.00 e as 13.00 horas, desenvolverase o programa radiofónico Voces pola Igualdade, en Radio Eume, no que haberá diferentes entrevistas e espazos adicados á figura da muller.
O sábado, 10 de marzo, ás 16.00 horas nos Xardíns Campo da Feira, darase lectura ao Pregón Pola Igualdade e que virá seguido da II Marcha Popular Pola Igualdade, apta para calquera idade, que levará aos participantes ata as inmediacións do polideportivo municipal da Fraga e que contará co respaldo do Clube de Montaña O Caxado. Xa ás 16.30 horas terá lugar unha xornada de aerobox, impartida polos monitores do Clube Frank, nestas mesmas dependencias, dirixida a homes e mulleres de calquera idade ou condición física.