Servizo Psicopedagóxico

Servizo Psicopedagóxico Municipal 

 

 Que é?

É un servizo gratuíto formado por dúas pedagogas adicado a atención  psicopedagóxica , social e educativa a poboación infanto-xuvenil do Concello de As Pontes e as súas familias. Atendemos as demandas dos pais e nais e dos centros educativos.

 

Quen o utiliza?

 E un servizo gratuíto que pode utilizar calquera persoa empadroada no Concello de As Pontes.

 

Onde estamos?

 Estamos na Casa Dopeso 2º andar na rúa Rosalía de Castro número 11

Teléfono: 981 441008

                667129335

 

Horario

 De luns a venres de 8:00 a 15:00

Horario de verán: de 8:00 a 14:30

 

Que facemos?

Atención especializada a poboación infanto xuvenil e as súas familias do Concello de As Pontes 

Programa de Atención Temperá:

 Compensar as carencias que por mor dunha discapacidade, enfermidade, situación familiar poidan presentar os nenos e nenas de educación infantil. Traballamos de maneira individual  con cada familia e  pasamos consultas na escola infantil municipal dúas veces o mes co fin  de atender as necesidades educativas do alumnado e as demandas dos pais e nais.

 Asemade traballamos en colaboración co programa Preescolar na Casa que procura dunha atención educativa as familias de nenos e nenas de 0 a 6 anos.

 Programa de Educación Familiar

Programa adicado á familias que teñen unha situación de desestructuración familiar e necesitan unha intervención específica e global en todos os aspectos relacionados coa vida familiar, social, educativa, co fin de garantir os dereitos dos  menores.

 Programa de atención psicopedagóxica a os nenos e nenas.

 O traballo consiste en atender problemas e situacións que afectan o desenrolo persoal, escolar ou familiar dos nenos e nenas: dificultades escolares, problemas de atención, enurese, encoprese, celotipia, medos, problemas da linguaxe, situacións familiares problemáticas (divorcios), maltrato familiar e en xeral calquer aspecto que sexa importante na vida dun neno ou nena.

 Programa de Atención Integral ós Adolescentes

 Os nenos e nenas de 12 a 18 anos teñen unhas problemáticas específicas que deben ser tidas en conta  a hora de traballar. O motivo de consulta é moi variado: problemas escolares, familiares, problemas de conducta, acoso escolar, trastornos alimentarios, consumo de sustancias, abandono escolar, maltrato familiar…

 Programa de reforzo educativo

 Dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais permanentes, co fin de que desenrole actitudes positivas cara ao traballo  escolar traballando   habilidades básicas de razoamento, comprensión lectora, vocabulario e expresión escrita.

 Programa de alfabetización de adultos

  O obxectivo do programa é ampliar e dinamizar a cultura e a formación das persoas adultas, ensinar e reforzar a lectoescritura, nocións básicas de cálculo, ampliar o vocabulario, elevar a autoestima… Formamos grupos de traballo dependendo do nivel de lectura e escritura das persoas interesadas na realización da actividade.

 Programa de acollida educativa para o alumnado estranxeiro

 Trátase de acoller e apoiar ao alumnado estranxeiro e as súas familias facilitándolles información e acompañamento e o acceso ós recursos educativos que faciliten a súa integración escolar e social. 

Orientación e información

 Sobre recursos de diferentes ámbitos:  educativos, sanitarios, de ocio e tempo libre, formativos, prevención do abandono e o absentismo escolar, información sobre ciclos formativos e modalidades de        bacharelato, cursos de formación profesional, apoio na procura do         primeiro traballo…

Educación en valores

É un obxectivo transversal no noso ámbito de traballo, aplicado a tódolos programas que levamos a cabo. Puntualmente realizamos accións como obradoiros, campañas, video-fórum, charlas e outros tipos de accións encamiñadas a sensibilizar a poboación infantil e xuvenil en valores como a solidariedade, a interculturalidade, a cooperación, os respecto as diferenzas…