seminario de orientación laboral no IES Castro da Uz

A Concellería de Emprego ofreceu un seminario de orientación  laboral a estudantes do I.E.S Castro da Uz dirixido a facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

A Concellería de Emprego, Turismo e Novos Proxectos decidiu levar o seu traballo ata as dependencias do Instituto de Secundaria Castro da Uz, concretamente ata o alumnado que cursa algún dos ciclos de Automoción, Administración e finanzas, Electrónica ou Informática e que ou ben en breves ou nun par de anos iniciarán a súa andaina no mundo laboral.

A concelleira deu conta aos estudantes das actividades que se desenvolven ao abeiro do departamento que dirixe e que van dende o asesoramento aos desempregados, ata a realización de cursos formativos desexados segundo as necesidades tanto de empresarios coma de traballadores e que buscan lograr a integración laboral da xente que non conta cun emprego.Asemade, Ana Pena puxo a desposición dos alumnos presentes todos estes servizos e apuntaba que tamén no seu departamento se atenden as demandas, propostas ou inquedanzas dos que se achegan ata estas oficinas, ubicadas no segundo andar da Casa do Concello

As técnicas do departamento de emprego informaron ao alumnado dos recursos á hora de presentar un curriculum ou afrontar unha entrevista laboral que lles permitan ter mis posibilidades para acadar un posto de traballo.