Segue en marcha a formación na Aula CeMIT

Horario da Aula

Luns a xoves: 10:30 a 13:30 e 16:30 a 21:30

Venres: 09:00 a 14:00.Resultado de imagen de aula cemit

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Oferta formativa

Seguindo co programa “Novas tecnoloxías para persoas maiores”, o día 15 dará comezo un novo curso de “uso de teléfonos móbiles”. Esta actividade de 20 horas ten como obxectivo axudar á xente maior a aprender o funcionamento dos novos teléfonos móbiles “smartphone”. Abordaremos aspectos básicos como gardar contactos na axenda, poñer alarmas, manexo de Whatsapp ou uso da cámara de fotos. Esta actividade terá un horario de 11:30 a 13:30 de luns a venres ata o día 1 de marzo.

Tamén o día 15 continuará a serie de actividades de formación “TIC para o comercio” coa posta en marcha dun curso de “iniciación ás follas de cálculo”. Para esta iniciación utilizaremos a ferramenta gratuíta LibreOffice Calc. Esta actividade ten como obxectivo proporcionar unha base para poder usar este tipo de ferramentas, moi útiles para o pequeno negocio debido á súa flexibilidade, potencia e simplicidade de uso. “Iniciación ás follas de cálculo” terá un horario de 20:00 a 21:30 dende o día 15 de febreiro ata o 1 de marzo.

Por último, o día 25 de febreiro conectaremos por videoconferencia co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para a retransmisión dun seminario sobre desenvolvemento de WebApps con HTML5. O obxectivo do seminario consiste en trasladar aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas apis de xeolocalización, local storage, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos, etc

Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionado cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sean do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso.

Para inscribirse nos cursos e actividades ou para solicitar máis información sobre eles/as poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.