Reválidas

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Resultado de imagen de plataforma en defensa do ensino publico


Tras o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e O.U das datas de realización das probas de avaliación individualizada ao alumnado que está a cursar neste momento 3º e 6º de educación primaria.
A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia, configurada polas organizacións: CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva que representan á comunidade escolar de Galicia, opoñemos a dita probas e esiximos a paralización e a retirada das mesmas.
porque :
1.- A pesar do que están a indicar desde a administración estas probas pódense ter en conta para a repetición do alumnado.
2.- Avalían unicamente as competencias lingüísticas, matemáticas e tecnolóxicas en detrimento das outras materias do currículo.
3.- Clasifican ao alumnado desde idades temperás, ao reflectirse o seu resultado no expediente.
4.- Non se adaptan ao alumnado con mais dificultades ao propor exclusivamente adaptacións de tempo e técnicas.
5 – Fomentan a competencia entre os centros e a súa estigmatización.
6.- Non terán en conta as variables contextuais dos centros, ao centrarse nun único aspecto do sistema de aprendizaxe.
7.- Desconfían da profesionalidade do profesorado sometendo a verificación a valoración da proba externa..
8.- Desautorizan ao profesorado rompendo a avaliación continua que xa fai do seu alumnado
9.- Incrementan a carga de traballo nos centros no final de curso, polas tarefas propias de execución e valoración desta proba individual.
10.-Supoñen un elevado custe económico para non aportar nada.
Non é de recibo ademais que se pretenda implantar unha proba a escasos quince días da súa aplicación e sen a normativa de actuación publicada, nunha mostra mais da improvisación e a falta de respecto cara o alumnado e as súas familias que van ser sometidos a unha presión innecesaria e cara ao profesorado e centros que van ter que aplicar, corrixir e valorar ditas probas.
Ademais a situación xerada tras a aprobación por parte do Parlamento do Estado dunha proposición non de lei destinada a paralización da LOMCE, fai que a pretensión do goberno central como dos seus fieis seguidores en Galicia de realizar as avaliacións de 3º e 6º de primaria previstas nunha lei que rexeita o Parlamento sexa para os membros desta Plataforma totalmente inaceptable. Non poden pretender seguir desenvolvendo unha lei rexeitada pola institución na que reside a soberanía popular e que conta coa oposición de toda a comunidade educativa.
Esta Plataforma tiña solicitado unha entrevista co Conselleiro para tratar toda a problemática inherente a estas probas, pero unha vez mais a administración da a calada por resposta.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia reitera a súas esixencias de eliminación destas probas e manifesta o seu apoio ás distintas accións que van levar a cabo as familias desde CONFAPA, encamiñadas a conseguir a eliminación destas probas que nada aportan á mellora da calidade do ensino. Esta Plataforma reitera o seu compromiso na loita pola derrogación desta Lei partidista e seguira esixindo a PARALIZACIÓN da implantación da mesma nesta comunidade
Santiago de Compostela, 19 de Abril de 2016
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICOTras o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e O.U das datas de realización das probas de avaliación individualizada ao alumnado que está a cursar neste momento 3º e 6º de educación primaria.A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia, configurada polas organizacións: CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva que representan á comunidade escolar de Galicia, opoñemos a dita probas e esiximos a paralización e a retirada das mesmas.porque

:1.- A pesar do que están a indicar desde a administración estas probas pódense ter en conta para a repetición do alumnado.

2.- Avalían unicamente as competencias lingüísticas, matemáticas e tecnolóxicas en detrimento das outras materias do currículo

.3.- Clasifican ao alumnado desde idades temperás, ao reflectirse o seu resultado no expediente.

4.- Non se adaptan ao alumnado con mais dificultades ao propor exclusivamente adaptacións de tempo e técnicas

.5 – Fomentan a competencia entre os centros e a súa estigmatización

.6.- Non terán en conta as variables contextuais dos centros, ao centrarse nun único aspecto do sistema de aprendizaxe.

7.- Desconfían da profesionalidade do profesorado sometendo a verificación a valoración da proba externa.

.8.- Desautorizan ao profesorado rompendo a avaliación continua que xa fai do seu alumnado

9.- Incrementan a carga de traballo nos centros no final de curso, polas tarefas propias de execución e valoración desta proba individual.

10.-Supoñen un elevado custe económico para non aportar nada.

Non é de recibo ademais que se pretenda implantar unha proba a escasos quince días da súa aplicación e sen a normativa de actuación publicada, nunha mostra mais da improvisación e a falta de respecto cara o alumnado e as súas familias que van ser sometidos a unha presión innecesaria e cara ao profesorado e centros que van ter que aplicar, corrixir e valorar ditas probas.Ademais a situación xerada tras a aprobación por parte do Parlamento do Estado dunha proposición non de lei destinada a paralización da LOMCE, fai que a pretensión do goberno central como dos seus fieis seguidores en Galicia de realizar as avaliacións de 3º e 6º de primaria previstas nunha lei que rexeita o Parlamento sexa para os membros desta Plataforma totalmente inaceptable. Non poden pretender seguir desenvolvendo unha lei rexeitada pola institución na que reside a soberanía popular e que conta coa oposición de toda a comunidade educativa.Esta Plataforma tiña solicitado unha entrevista co Conselleiro para tratar toda a problemática inherente a estas probas, pero unha vez mais a administración da a calada por resposta.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia reitera a súas esixencias de eliminación destas probas e manifesta o seu apoio ás distintas accións que van levar a cabo as familias desde CONFAPA, encamiñadas a conseguir a eliminación destas probas que nada aportan á mellora da calidade do ensino. Esta Plataforma reitera o seu compromiso na loita pola derrogación desta Lei partidista e seguira esixindo a PARALIZACIÓN da implantación da mesma nesta comunidade

Santiago de Compostela, 19 de Abril de 2016