Residencias de Estudiantes. Prazas nos centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo

 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/19.

Prazos:

  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 11 de xuño e o 13 de xullo de 2018 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 11 de xuño  e o 8 de agosto de 2018 (incluído).

Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

  1. a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade deresidencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
  1. b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita odesprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Compatibilidades:

A condición de adxudicatario/a de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Adxudicación de praza gratuíta 

  1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 293/2016, do 15 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estadonúm. 171, do 16 de xullo).
  1. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Adxudicación de praza bonificada 

  1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
  1. a) Ata un 10 %: 551,99 €.
  1. b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.
  1. c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.
  1. d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.
  1. O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.

 

Máis informaciónDOG do 31 maio de 2018 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/

http://centros.edu.xunta.es/credovigo/

http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

Fuente: Xunta de Galicia