Recortes na educación en que nos afectan?

Aos pais e nais:

-Os grupos de clase serán máis numerosos; a atención máis personalizada que tiñamos alcanzado nos últimos anos perderase.

-Desaparecerán desdobres e grupos de apoio que neste momento permiten atender o alumnado con maiores dificultades.

-Reduciranse aquelas materias optativas que non conten con suficientes alumnos

-A acción titorial quedará moi comprometida ao diminuir o tempo adicado á mesma.

-Diminuirán as actividades extraescolares por falta de tempo e recursos para o seu desenrolo.

Externalizaranse, privatizaranse e/o eliminaranse servizos complementarios.

-As escolas rurais con pouco alumnado en risco de peche

-paralizarase a implantación do ciclo de educación infantil (0-3 anos) dados os recortes orzamentarios impostos aos concellos e abandonarase o seu carácter educativo, reducíndoo a meramente asistencial.

-As ensinanzas de arte dramático, e ensinanzas musicais quedarán seriamente comprometidas posto que traballan cun número reducido de alumnos.

-Increméntase a  privatización a través dos concertos educativos con centros privados.

Ao alumnado

-Desaparece a oferta obrigatoria de dous tipos de bacharelato por centro, obrigando ao alumnado a desprazarse a outro instituto.

-Reducción da oferta de asignaturas optativas, eliminando as menos demandadas

-Desproporcionado aumento das taxas universitarias que provoca a exclusión do alumnado con menos recursos económicos.

-Reducción do Ministerio de Educación  da partida para as becas. Increméntanse as notas de corte para acceder a unha beca e os requisitos académicos para mantelas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca concentracións nas sete principais cidades o vindeiro  31 de xaneiro en contra da Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación (Lomce), que se celebrarán a partir das 19.30 horas. Os miembros da plataforma  animan a profesores, pais e á sociedade en xeral a participar nas movilizacións, e tamén apoian a folga que  convocaron as asociacións estudiantis para o 6 de febreiro.

Ademáis, levarán a cabo debates e conferencias sobre esta norma estatal, e pedirán tanto aos claustros de profesores como aos consellos escolares dos centros educativos que aproben resolucións en contra deste anteproxecto de lei.