RECORDATORIO: Carreira IRT As Pontes

Apenas uns poucos días para a celebración da I edición da Carreira In Real Time, Run with Ethiopia. Que terá no noso Concello unha das súas sedes.

A inscrición remata o venres 28 ás 15:00.

Se vos queredes familiarizar un pouco máis cos proxectos de ABAY aquí tedes a súa web, á que lle podedes botar un ollo: WEB ABAY

E por último recordarvos que a saída darase ás 10:00 en todas as probas españolas, polo que prégase que se recolla o dorsal ata 30 min. antes da saída. A entrega de dorsais comezarémola ás 8:30.

E ollo!! Que a noite do sábado para o domingo cámbiase a hora!

A entrega de premios farase ás 13:00, e dende que se remate a carreira ata a entrega de premios podedes visitar a exposición forográfica ou botar un ollo nos produtos do mercadillo solidario.

So falta que o tempo nos acompañe e VÉMONOS O DOMINGO!!

INSCRIPCIONS: http://atletismoolympo.wordpress.com/

Fonte: Club Olympo As Pontes