Reclusos do cárcere de Teixeiro achegan a realidade das drogas a alumnos do I.E.S. Moncho Valcarce

O taller Di -K-Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes, ideado
pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de
Teixeiro, aterrou onte no instituto pontés Moncho Valcarce.
Medio cento de estudantes dos Programas de Diversificación Curricular e de
Cualificación Profesional Inicial participaron onte nesta experiencia que estivo
protagonizada por unha decea de internos no cárcere coruñés que, a través das
súas propias experiencias, pretenden facer chegar á xuventude o que conleva o
consumo de drogas, alcol ou tabaco.
E é que estas substancias son, a día de hoxe, moito accesibles para os adolescentes
que ven no beber unha copa, fumar un cigarro ou consumir cannabis un comportamento
que traerá consigo maior éxito social, popularidade ou incluso o facerse maior máis
axiña, conclusión errónea e que, mediante este tipo de actividades educativas se
pretende erradicar entre a xuventude.
De feito, a visita realizada onte por estes reclusos contou co respaldo dos
departamentos municipais de Servizos Sociais e Xuventude, dende onde
quixeron subliñar o importante traballo que se está a desenvolver dende esta
unidade terapéutica.
O edil José Alén, presente onte nesta charla xunto co concelleiro Jesús
Tembrás, defendeu o respaldo do concello a este tipo de iniciativas que,
permiten por un lado concienciar á xuventude, que pode comprobar in situ as
consecuencias de meterse no mundo das drogas ou do clásico botellón, e ser
máis crítica con este tipo de comportamentos e actitudes; e aos propios presos
que, deste xeito, axudan a educar aos adolescentes en relación con unha
realidade que tan só provoca dor a un mesmo e aos que o rodean.
A xornada de onte incluiu unha pequena representación teatral protagonizada
polos propios presos na que relataron a vida dun rapaz de tan só 16 anos que cae no
mundo das drogas e ata a interpretación dun tema musical, composto polos propios
reclusos, no que se abordan as consecuencias de caer na trampa das drogas.
Asemade, algúns dos reclusos relataron a súa experiencia persoal, todas elas
con elementos comúns que vencellan o entrar no mundo das drogas para facerse
o maior ou gañar en popularidade.
E é que vidas coma as de Raúl, Mario ou José María eran totalmente correntes, coma
as duns adolescentes normais, que ían á escola, que tiñan os seus amigos, que, de vez en
cando, eran uns rebeldes pero que por probar a ser maiores, a fumar un cigarro ou un
canuto acabaron caendo na trampa da adicción, de cometer hurtos para pagar os vicios
ou de meterse en trifulcas a causa destas substancias e que, ademáis de ser nocivas
para quen as consume, tamén causa moita dor e sufrimento nas súas familias ou
amigos.
O luns continuarase a traballar nesta mesma liña e é que os alumnos do I.E.S
Moncho Valcarce visitarán o Centro Penitenciario de Teixeiro onde compartirán
tempo cos demais internos da Unidade Terapéutica Educativa e ata pasarán uns
minutos nunha cela, onde lerán unha misiva dos familiares destes reclusos na
que contan as súas vivencias.

O taller Di -K-Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes, ideadopola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario deTeixeiro, aterrou onte no instituto pontés Moncho Valcarce.Medio cento de estudantes dos Programas de Diversificación Curricular e deCualificación Profesional Inicial participaron onte nesta experiencia que estivoprotagonizada por unha decea de internos no cárcere coruñés que, a través dassúas propias experiencias, pretenden facer chegar á xuventude o que conleva oconsumo de drogas, alcol ou tabaco.E é que estas substancias son, a día de hoxe, moito accesibles para os adolescentesque ven no beber unha copa, fumar un cigarro ou consumir cannabis un comportamentoque traerá consigo maior éxito social, popularidade ou incluso o facerse maior máisaxiña, conclusión errónea e que, mediante este tipo de actividades educativas sepretende erradicar entre a xuventude.De feito, a visita realizada onte por estes reclusos contou co respaldo dosdepartamentos municipais de Servizos Sociais e Xuventude, dende ondequixeron subliñar o importante traballo que se está a desenvolver dende estaunidade terapéutica.O edil José Alén, presente onte nesta charla xunto co concelleiro JesúsTembrás, defendeu o respaldo do concello a este tipo de iniciativas que,permiten por un lado concienciar á xuventude, que pode comprobar in situ asconsecuencias de meterse no mundo das drogas ou do clásico botellón, e sermáis crítica con este tipo de comportamentos e actitudes; e aos propios presosque, deste xeito, axudan a educar aos adolescentes en relación con unharealidade que tan só provoca dor a un mesmo e aos que o rodean.A xornada de onte incluiu unha pequena representación teatral protagonizadapolos propios presos na que relataron a vida dun rapaz de tan só 16 anos que cae nomundo das drogas e ata a interpretación dun tema musical, composto polos propiosreclusos, no que se abordan as consecuencias de caer na trampa das drogas.Asemade, algúns dos reclusos relataron a súa experiencia persoal, todas elascon elementos comúns que vencellan o entrar no mundo das drogas para facerseo maior ou gañar en popularidade.E é que vidas coma as de Raúl, Mario ou José María eran totalmente correntes, comaas duns adolescentes normais, que ían á escola, que tiñan os seus amigos, que, de vez encando, eran uns rebeldes pero que por probar a ser maiores, a fumar un cigarro ou uncanuto acabaron caendo na trampa da adicción, de cometer hurtos para pagar os viciosou de meterse en trifulcas a causa destas substancias e que, ademáis de ser nocivaspara quen as consume, tamén causa moita dor e sufrimento nas súas familias ouamigos.O luns continuarase a traballar nesta mesma liña e é que os alumnos do I.E.SMoncho Valcarce visitarán o Centro Penitenciario de Teixeiro onde compartirántempo cos demais internos da Unidade Terapéutica Educativa e ata pasarán unsminutos nunha cela, onde lerán unha misiva dos familiares destes reclusos naque contan as súas vivencias.