Reanúdanse os prazos no proceso de admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2020 – 2021

 

Publícase a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.



Según esta resolución restablécense os prazos no proceso de admisión e matriculación en centros públicos, tras ser suspendidos polo estado de alarma decretado por COVID. Os novos prazos quedan como sigue no seguinte cadro:

PROCEDEMENTO NOVOS PRAZOS 2020
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito) Do 11 ó 18 de maio
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo Ata o 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 9 de xuño
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados) Prazo máximo de 3 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Ata o 26 de xuño
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria Do 1 ó 10 de xullo
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato Do 1 ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato Do 1 ó 10 de setembro

MÁIS INFORMACIÓN: