Rapaciñ@s a tecnoloxía ben segura, na aula CeMIT

Rapaciñ@s a tecnoloxía ben segura, na aula CeMIT

­

 O día 29 celebrarase un taller de robótica educativo para nenos enmarcado dentro da iniciativa Rapaciños.

Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura” é unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). As actividades da xornadas de divulgación tecnolóxica, dirixidas a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos de idade, serán a de iniciación a programación (orientada a robótica) e a electrónica (arduino, makey makey), co obxectivo de iniciar aos participantes en cada unha destas materias e enxertando neles a curiosidade para seguir profundizando nestas materias. Cunha duración de 2 horas, os pequenos participantes poderán facer e crear diversas actividades prácticas e realizar un proxecto sinxelo que ten comezo e final, de tal forma que vexan o resultado da súa programación.

Neste mesmo horario tamén se celebrará unha charla orientativa na que se darán unhas pautas para que os pais e nais accedan a información e recursos educativos de interese para a introducción segura dos cativos nas novas tecnoloxías.