Programada de conciliación da vida laboral e familiar

A concellería de Deportes e Xuventude vai retomar, este mesmo sábado, o seu exitoso programada de conciliación da vida laboral e familiar do que xa se encargaron, o pasado ano, as monitoras do espazo infantil Picariños.

De feito, o vindeiro día 7, entre as 10:00h e a 1.30 da tarde, e coa casa Dopeso como escenario será posible participar das múltiples e entretidas actividades e xogos que, semanalmente, desenvolverán estas expertas no tempo libre dos máis pequenos.

Obradoiros de maxia, baile, manualidades ou educación vial integrarán a programación que, cada semana, se desenvolverá nas mañás dos sábado e que volve ser toda unha axuda para que, mentras que os pais e nais deben atender ás súas obrigas laborais ou domésticas, os máis novos desfruten do seu día de descanso.

Estes talleres infantís irán dirixidos a pequenos de entre 2 e 10 anos e serán, unha vez máis, totalmente gratuítos. O único requisito pasa por anotarse o mesmo día do programa na casa Dopeso no momento no que pequenos e pais cheguen a este edificio, polo que calquera neno ou nena que desexe sumarse a estas actividades poderá facelo ao longo de toda a mañá.