Programación cultural Nadal 2013

15-12-2013 13:00
CONCERTO DE NADAL

Con

CORAL EIXIL DE CEDEIRA
CANTAREIRAS DE ALENDE
CORAL ENDESA DE AS PONTES

Casa Dopeso 13:00h

19-12-2013 19:00
NADAL PIRATA
Concerto da Banda do Conservatorio, conxuntos e alumnos de linguaxe musical

Auditorio M. Cine Alovi · 19:00 h

20-12-2013 20:00
CONCERTO DE NADAL
A Rondalla Vila das Pontes organiza o seu tradicional CONCERTO DE NADAL, no que estarán acompañados por  alumnos do Conservatorio das Pontes e a Soprano Hiua Chang e seus alumnos.
O repertorio estará composto por panxoliñas e música clásica
Casa Dopeso · 20:00 h
21-12-2013 20:00
SES · CO XENIO DESTROZADO
Cantante de enorme carisma e forza persoal; Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de músicos de corte americano, con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible espontánea e cheo de eclecticismo

Clasificación: Rock, blues, latina
Duración: 90min
Público: xuvenil-adulto
Auditorio M. Cine Alovi

Horario de billeteira:

Reserva telefónica: do 16 ao 19 no 981 44 03 44 dpto. de cultura (de 10 a14)
Venres 20 de decembro: 12:00 – 13:30 h
Sábado 21 de decembro: 12:00 a 13:30 h e dende as 18:30 h
Prezo: 3,50 €

22-12-2013 17:30
CARAMUXO TEATRO: ÑAM
Caramuxo Teatro presenta ¡ÑAN! un novo espectáculo de teatro para bebés.

Sinopse: Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A min encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado! Facer unha receita e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. Como saberán esas novas galletas?


¡Ñam!
é un espectáculo moi visual, envolvente, que mistura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Autor, dirección, elenco: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Público recomendado: nenos de 1 a 6 anos
Duración: 30 min.
Auditorio Municipal Cine Alovi · 17:30 h (1º pase) · 18:30 h (2 pase)
Horario de billeteira: 16:00 h Prezo: adultos 3 € / infantil: 1,50 €

23-12-2013 18:00
MAMA CABRA EN CONCERTO · BICOS DE MÚSICA

Bicos de música” é o novo disco de Mamá Cabra, que vai dirixido aos máis pequenos da casa.

O novo traballo, contén cancións para bailar, para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía… apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos para a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

Auditorio Municipal Cine Alovi 18:00 h

Horario de billeteira: 12:00-13:30 h / a partir das 16:30 h
Prezo: adultos 3 € / infantil: 1,50 €

26-12-2013 20:30
NADAL DE CINE: EL LLANERO SOLITARIO

EL LLANERO SOLITARIO

Director: Gore Verbinski
Reparto: Armie Hammer, Johny Deep, Tom Wilkinson, William Fichtner, Helena Bonham Carter….
Duración: 149 min.
Público: NRM7
Xénero: Aventura, western, acción

Sinopse: Adaptación das aventuras do heroe do serial radiofónico do mesmo título. Un grupo de Rangers de Texas sofre o ataque dunha banda de foraxidos. Un indio chamado Toro atopa ao único supervivente, o Llanero Solitario. Dende entón, o heroe, seu cabalo Silver e o seu novo axudante Toro, recorren o estado para vingarse dos foraxidos e facer triunfar a xustiza

Auditorio Municipal Cine Alovi 20:30 h
Prezo: 3 €

28-12-2013 20:00
Concerto de BROKEN PEACH: BROKEN CHRISTMAS
Broken Peach é unha banda de Soul & Rock de Vigo.

Formada a principios do 2009, crean un novo xeito de fusionar a música co espectáculo. A nova opción que nos presentan desmárcase das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A súa formación habitual é de 3 a 5 voces, Batería, Baixo, Guitarra e Piano.

Unha das súas mellores bazas é ter unha estética extravagante, que lle da un pouco de frescura visual ao público. O estilo de música que interpretan vai desde o Soul ata o Rock, pasando polo Gospel, Funky, Pop, etc…

Cancións de todas as épocas, 60´s, 70´s… ata a actualidade. Dispón dun amplo repertorio cun estilo moi marcado polo desenvolvemento vocal do que dispoñen. Diversión e enerxía garantizada!

Nesta ocasión interpretarán un repertorio acorde con estas datas: Gospel, panxoliñas e outras sorpresas

Horario de billeteira: 12:00 – 13:30 h / a partir das 18:30 h
Prezo: 3,50 €
Auditorio M. Cine Alovi 20:00 h

30-12-2013 18:00
NADAL DE CINE: MONSTRUOS UNIVERSITY
Director: Dan Canlearon

Duración: 102
Público: TP
Xénero: Animación


Sinopse:
Mike Wazowski e James P. Sullivan son amigos inseparables, pero non foi sempre así. Cando estes dous monstros incompatibles se coñeceron na Universidade, non se soportaban, pero acabaron superando as súas diferencias e se converteron nos mellores amigos.

Prezo: 1,50 €

30-12-2013 20:30
NADAL DE CINE: MALAVITA

Director: Luc Besson
Elenco: Dianna Agron, Tommy Lee Jones, Michelle Pfeiffer, Robert de Niro
Duración: 111
Público: NRM16
Xénero: Acción
Sinopse: Unha coñecida familia mafiosa americana trasladase á rexión francesa de Normandía baixo un programa de protección de testemuñas do FBI. Aínda que fan o posible para adaptarse ao seu novo estilo de vida, de camiño vense obrigados a empregar os vellos métodos para solucionar os problemas familiares. (Adaptación de ‘Badfellas’, novela de Tonino Benacquista)

Prezo: 3,00 €

20:30 h Auditorio M. Cine Alovi

PARQUE INFANTIL: INCHABLES E MULTIMEDIA

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL · 16:00 h

Diversión para todas as idades, con:

INCHABLES:
– CASIÑA ESPECIAL (1-4 anos)
– BOB ESPONXA (3-12 anos)
– PALMEIRAS  CHIQUEN LITEL · PALMEIRAS  SELVA (5-12 anos)
– VAI-VEN (6-12 anos)
– CIRCUÍTO BOLAS RODANTES (a partir de 6 anos)
– MIKI (6-14 anos)

02-01-2014 20:30
NADAL DE CINE: THOR O MUNDO OSCURO
Director: Alan Taylor
Elenco: Chris Hemsworth, Natalie Portman, Anthony Hopkins
Duración: 112 min.
Público: NRM7
Xénero: fantástico, acción, aventuras, cómic

Sinopse: En “Thor: O mundo escuro”, Thor loita por restablecer o orden en todo o cosmos… pero unha antiga raza liderada polo vingativo Malekith regresa para volver a sumir ao universo na escuridade. Thor enfróntase a un inimigo ao que nin siquiera Odín e Asgard poden facer fronte, e deberá embarcarse no seu viaxe máis perigoso á vez que persoal. Neste viaxe reunirase con Jane Foster e obligaralle a sacrificalo todo para salvar o mundo.

Prezo: 3,00 €

20:30 h Auditorio M. Cine Alovi

03-01-2014 11:00
TÍTERES TROMPICALLO · O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUBE E CHOVEU

O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUBE E CHOVEU

Autores: Marián González · Luís González
Dirección: Luís González
Titiriteira – Actriz: Marián González

Sinopse: Había unha vez que non había nada, só pedras.
Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo … en fin, a vida.
Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?.

Duración: 30 min.
Público: infantil-familiar (de 1 a 3 anos)

Escola Infantil Barosa · 11:00 h e 12:00 h

03-01-2014 18:00
TÍTERES TROMPICALLO · OSIÑO
OSIÑO
Autores:Marián González · Luís González · Sabela Amado · Kevin Stewart
Dirección: Kevin Stewart
Titiriteiros: Sabela Amado Rojo / Marian González / Luís González
Músicas: Ignacio Sanz

Sinopse: A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá.
Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve.
Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio.
Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un pedazo de queixo moi especial.
E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu cumpreanos.

Duración: 55 min.
Público: infantil-familiar (nenos a partir de 3 anos)
Casa Dopeso · 18:00 h
Prezo: adultos 3 € / infantil: 1,50 €

03-01-2014 20:30
NADAL DE CINE: LOBEZNO INMORTAL
Director: James Mangold
Elenco: Hugh Jackman, Tao Okamoto, Rila Fukushima..
Duración: 126 min.
Público: NRM16
Xénero: fantástico, ciencia ficción, acción

Prezo: 3,00 €

Un Logan amnésico busca respostas sobre o seu pasado no mundo do crime organizado de Xapón. Vulnerable por primeira vez e desafiando os seus límites físicos e emocionais, non só se enfrontará ao letal aceiro samurai, tamén se verá nunha loita interna contra a súa propia inmortalidade que o volverá máis forte

20:30 h Auditorio M. Cine Alovi