Programa Queremos + Igualdade

O Concello de As Pontes, en colaboración  cos centros educativos, puxo en marcha o programa QUEREMOS +IGUALDADE, coa finalidade de conmemorar o 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero.

Actividades previstas

Obradoiros de coeducación co alumnado de 3º e 4º da ESO.

Ao longo do mes de outubro e novembro estanse a levar a cabo diversos obradoiros de tipo educativo-creativo.

Realización dun audiovisual  participativo: “Na feira das Pontes fálase de igualdade”. O día 15 de novembro, día da feira quincenal, realizarase un audiovisual sobre os mitos, estereotipos e visións colectivas existentes na nosa sociedade.

O alumnado de primaria e as súas familias estades invitados a uniros a esta actividade interpretando unha coreografía contra a violencia de xénero.

Animadevos a participar nesta proposta tan divertida, á vez que reivindicativa,para conseguir encher o parque dos xardíns municipais (campo da feira). Para iso poderedes ensaiar no Mercado Vello unha sinxela coreografía cunha monitora deportiva os días: martes 11 de novembro (de 17:30 a 18:30), mércores 12 (de 16:30 a 17:30) e xoves 13 (de 17:30 a 18:30).

Para inscribirse:

Do 4 ao 10 de novembro nos servizos sociais municipais na Casa Dopeso 2º andar, por teléfono no 981 44 10 08 o por correo electrónico cim@aspontes.org

Animate e participa!