Programa Outra + Outra 2015

concurso_musica

Comeza o programa Outra + Outra 2015, posto en marcha pola Fundación Paideia en colaboración coa Rede Cultural da Deputación de A Coruña. A finalidade do programa é a promoción musical de grupos de música de estilo pop-rock, da provincia de A Coruña.

No marco do proxecto, realizaranse dúas audicións:

1- AUDICIÓN DE RIANXO: que terá lugar o día 16 de maio de 11:00 a 14:00 horas, no auditorio municipal de Rianxo, Autores da Rianxeira, s/n (Parque Galicia), 15920. Inscrición ata as 24:00 horas do 12 de maio de 2015.

2- AUDICIÓN DE A CORUÑA: que terá lugar o día 30 de maio, de 11:00 a 14:00 horas, no Estudio de Gravación Mans, Polígono Pocomaco, parcela d-22, 15190. Inscrición ata as 24:00 horas do 26 de maio de 2015.

As persoas interesadas en participar, deben cubrir o formulario de solicitude que se atopa na páxina web www.mans-paideia.com e envialo o Estudio de Gravación Mans, situado no Polígono de Pocomaco, parcela D22, CP 15190 en A Coruña, adiantando á dirección de correo electrónico outramaisoutra@estudiosmans.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A Organización outorgará sete premios en cada unha das audicións. Cada un dos gañadores terá dereito á gravación, mezcla e masterización dun EP de duración máxima de 20 minutos no Estudio de Gravación Mans en A Coruña. Nel incluirase a gravación do tema gañador, así como outros temas de composición propia do mesmo estilo musical.

COMPARTIR
Artigo anteriorPonteses
Seguinte artigoXuventude crea 2015