Programa Iniciativa Xove

Axudas do programa Iniciativa Xove
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade galega, que se desenvolvan durante o ano 2014.
Prazo: 15 de maio de 2014
Requisitos:  Considéranse áreas de atención prioritarias que se desenvolverán mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais
 Poderán solicitar a axuda:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil, e que deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos
b) As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/ entidades que as conforman. As asociacións xuvenís e as entidades que lles presten servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Dotación: Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 4.000 €.
Consellería de Traballo e Benestar Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado San Lázaro s/n. 3º andar 15781 Santiago de Compostela Teléfonos 981 544 866 / 981 957 057 enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es www.xuventude.net