Programa “Eu almorzo no cole”

O programa “Eu almorzo no cole”, todo un éxito

É cada vez máis alto o número de pais e nais que, por incompatibilidade horaria, deben deixar aos seus fillos e fillas no colexio antes do comezo da xornada escolar. E, ante tanta demanda, a Concellería do Benestar Social en colaboración coas ANPAS volve dar resposta a eses nenos e as súas familias, a través do programa “Eu almorzo no cole”.

Unha iniciativa destinada á conciliación da vida laboral e familiar, pero tamén cunha finalidade formativa, na que os escolares aprenden novos e saudables conceptos de alimentación, ao tempo que comparten os primeiros minutos da mañá conversando e xogando cos compañeiros de pupitre.

O éxito do programa de almorzos no colexio favorece a súa continuidade. No colexio A Fraga almorzan diariamente 21 pequenos e pequenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Hai días, incluso, nos que son 25 escolares os que desfrutan dun almorzo común.

É tal o éxito e a demanda existente que a ANPA As Medoñas do colexio A Fraga tivo que incrementar nunha monitora máis a plantilla de coidadores. Deste xeito son dúas as monitoras que se encargan diariamente de servir o almorzo, axudar aos pequenos e pequenas coa inxesta dos alimentos, supervisar a súa hixiene posterior e recoller e limpar toda a menaxe empregada. Namentras que a terceira monitora, que forma parte do plantel da empresa de ocio infantil Picariños, ocúpase de que os pequenos e pequenas disfruten do seu tempo de lecer, ata o comezo das clases.

David, Inés, Raquel, Mateo, ou Rita, son algúns dos escolares aos que vimos medrar a través do programa Eu Almorzo no Cole. E é que xa levan 6 anos, no colexio A Fraga, beneficíandose deste programa que permite aos seus pais e nais conciliar vida laboral e familiar.

Almorzar no cole ten un prezo do máis asequible, neste centro. Os escolares que acuden todo o mes pagan 12 euros polo servizo, mentras que os que acuden en días soltos ingresan unha cuota de dous euros.

Tamén o colexio A Magdalena está de celebración. Se cumpren oito anos do programa Eu Almorzo no Cole. Logo da visita realizada aos almorzos do colexio A Fraga, a concelleira do Benestar Social, Isabel Fornos, xunto coa integrante do equipo psicopedagóxico, Montserrat González, achegáronse ao colexio A Magdalena, onde foron recibidas pola directora Elena Coira e a representante da ANPA Isabel Novo.

Neste centro levan xa tres anos seguindo as pautas dictadas por unha nutricionista, ofrecéndolles cada día aos escolares un menú diferente no que teñen cabida as froitas, os lácteos e os cereais, en todas as súas formas. Hábitos nutricionais saudables que se manteñen ao longo de todo o ano, co obxectivo de que os estudantes obteñan a enerxía suficiente para afrontar a dura xornada escolar.

Diariamente acuden aos almorzos no cole unha quincena de estudantes que abonan unha cuota mensual de 20 euros, pero asistir en días soltos supón un desembolso de euro e medio.

Ambolos dous centros, colexio A Magdalena e colexio A Fraga, reciben do Concello de As Pontes, a través da Concellería do Benestar Social, unha subvención anual de 6.700 euros.

RTVEume|

COMPARTIR
Artigo anteriorEmpeza o nadal
Seguinte artigoAs Pontes Nadal 2015