Programa Erasmus

Axuda complementaria do Programa Erasmus

PDF

Imprimir

ERASMUS_PLUSA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no marco do Programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes das universidades do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan en Erasmus Estudos durante o curso 2015/16.

Requisitos:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado.
Estar matriculado/a no curso 2015/16 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario/a da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación ou da Erasmus.es financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Duración e contía das axudas:
1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2015/16.
2. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
3. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 150 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 120 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 80 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A lista de países por cada un dos tres grupos é o seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programme-guide_es.pdf
Grupo 1
Países do programa con custos de vida superiores: Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega, Suíza
Grupo 2
Países do programa con custos de vida medios: Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia, Turquía
Grupo 3
Países do programa con custos de vida inferiores: Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Antiga República Iugoslava de Macedonia

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de febreiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED417A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2016 e en www.edu.xunta.es
Poden fasacerse consultas en: orientacion.sug@edu.xunta.es