Programa educativo e de dinamización da infancia

A Consellería de Servizos Sociais do Concello de As Pontes pon en marcha unha serie de obradoiros ludico-educativos encravados no programa educativo e de dinamización da infancia. O obxectivo principal é a integración e participación dos menores na vida social, facilitar recursos e alternativas de inserción ós menores e as súas familias e
e dinamizar e fomentar a aprendizaxe a través do xogo. A metodoloxía empregada neste programa será activa, dinámica e participativa.

A través do xogo, traballaremos aspectos fundamentais no desenrolo dos nenos e nenas como a motivación, autoestima, habilidades sociais… todo, a través dunha programación de actividades variadas e creativas onde participen tamén as familias.

Actividades:

Pequenos creativos

Agylity

Photocall

Gymcana e picnic especial

Chocolateando

Sorpresa final

As actividades levaranse a cabo os sábados 3,10 e 17 de xuño e 1, 8 e 15 de xullo no Lar cun horario de 10:00 a 14:00.

As actividades son totalmente gratuitas e están destinadas ao alumnado de primaria (6-12 anos) con 25 prazas cada sábado.

 Inscripcións: Nos Servizos Sociais. Casa Dopeso 2º andar Para participar é necesario cubrir unha ficha de inscripción por fillo/a participante.

Se non te vas a apuntar a todos os sábados lembra que tes que apuntarte as actividades que elixas sempre antes do xoves anterior ao día da actividade.