Programa de mobilidade transnacional xuvenil. Galeuropa 2016

galeuropa2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

OBXECTO DAS AXUDAS: Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía

Obxectivos que se pretenden acadar:
– incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
– complementar a competencia profesional e persoal
– adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
– fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016.   Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que manteña todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.
Requisitos de inscrición no ficheiro do SNGX:
– Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
– Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
– Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. No caso de ter finalizada a participación no sistema educativo serán corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
– Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://garantiaxuvenil.xunta.es

Proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade:
1º. Valoración das solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa
2º. Só no caso de existir menos solicitudes que prazas, ou de existir crédito suficiente, poderán valorarse as solicitudes de persoas que participasen noutras convocatorias, sempre que respecto de convocatorias anteriores do Programa Galeuropa, sexa distinto o país de destino.
Criterios de selección:
– Antigüidade no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma,  ata 1,20 puntos.
– A maior idade fronte a menor, ata 1,20 puntos
– Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade, ata 2,25 puntos.
– Casos de violencia de xénero: 1 punto.
– Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos
No caso de empates :
– 1º A puntuación máis alta obtida nos criterios do apartado precedente na mesma orde na que están establecidos.
– 2º Preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
– 3º Orde de entrada da solicitude.

tabla1galeuropa

Presentación telemática en: https://sede.xunta.es/portada, mediante DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema Chave 365https://sede.xunta.es/chave365

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
– Mozos/as (BS324A):
O baremo é o indicado no apartado de proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade, e ademais 2,25 puntos adicionais se presentan o documento de aceptación da empresa de prácticas antes da selección.
– Entidades (BS324BBS324C):
• Melloras en recursos humanos , ata 16 puntos.
• Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, ata 14 puntos.
• Presentar acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, ata 18 puntos.
• Número de mobilidades que contén o proxecto, ata 6 puntos.
• Duración das prácticas, ata 9 puntos.
• Acordo bilateral de colaboración para acoller mobilidades doutras entidades europeas, ata 8 puntos.
• Proxectos que teñan como destinatarios/as un 45% de persoas con discapacidade 9 puntos.
Nos concellos: Ata 10 puntos adicionais en función do número de mozos/as que teña inscritos no SNGX
Nos proxectos conxuntos, ou de mancomunidades ou fusión de municipios: ata 30 puntos adicionais

PROXECTOS DE MOBILIDADE (BS324B, BS324C)
– Máximo un proxecto por entidade solicitante
– Nº mobilidades por proxecto: mínimo 4 e máximo 20 (agás os proxectos conxuntos presentados por agrupacións, mancomunidades ou fusións de concellos que terán como máximo 25 mobilidades).
– Nº de países de destino por entidade: Máximo 3 (cun grupo mínimo de 4 participantes en cada país)
– Duración máxima do proxecto: 9 meses. Poderán realizarse as mobilidades en distintos fluxos
– Requisitos mínimos dos proxectos:
• Recursos humanos: cada proxecto contará como mínimo cunha persoa responsable do proxecto e/ou unha persoa que exercerá de mentor. Establécese un mínimo de horas que deben adicar ao proxecto segundo o número de mobilidades.
• Preparación lingüística das persoas participantes: mínimo 10 horas
• Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino.
• Non cabe a subcontratación. A entidade deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada.

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: 1 mes dende que remate a mobilidade e máximo o 30 de novembro de 2016.

FINANCIACIÓN: Axudas cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.

NORMA REGULADORA: ORDE do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. (DOG núm. 67, do venres 8 de abril de 2016).

A realización da mobilidade xerará o dereito ás persoas participantes para a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude (Orde do 26 de febreiro de 2015,DOG núm. 57 do 25/03/2015).

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
981 544 645, 981544854, 981 541688
– mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
– entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es

DOG do 8 de abril de 2016