PROGRAMA DA FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS 2014

Venres 31 de outubro

SAÍDA MICOLÓXICA – CLASIFICACIÓN E CURSO DE COCIÑA

08:30h SAÍDA AO MONTE para coñecer distintos hábitats e os fungos que se dan neles. A saída estará dirixida por Antonio díaz Calvo e José Luis Cuba micólogos, e coa colaboración do Clube de montaña O Caxado.

Inscrición previa na Casa Dopeso do 22 ao 29 de outubro. Prazas limitadas. Prezo: 5€


17.00h Clasificación do material recollido na saída ao monte (entrada libre) dirixida polo micólogo Jose Luis Cuba.Os asistentes poderán resolver dudas e participar da clasificación de fungos e cogumelos. lugar: sala de exposicións do Mercado Vello.


17.30h- 20h CURSO DE COCIÑA con motivo da tempada de fungos Antonio Díaz calvo cociñeiro experto na realización de platos con fungos e cogumelos dirixirá un curso que persegue explotar o sabor deste producto e ensinar aos participantes as características, preparación e conservación deste produto.Inscrición previa na Casa Dopeso do 22 ao 29 de outubro. Prazas limitadas. Prezo: 5€

SABADO 1 de NOVEMBRO

CONCURSO DE FUNGOS

De 10.00 a 11.00h Presentación de cestas ao concurso. As cestas estarán expostas ao público durante toda mañá na Praza de América.

(As bases do concurso pódense descargar ao final desta páxina)

EXPOSICIÓNS

Horario das exposicións: de 11:00 a 14:00 h

VI XORNADA DE ARTESANÍA. Con demostracións de traballos de artesanía, nas que poderá participar o público asistente.

Lugar: Sala de Exposicións do Mercado Vello.

Organiza: Asociación de artesáns do Eume

Exposición DE FUNGOS

Esta mostra é o broche final a saída micolóxica polo monte do venres 31 outubro. A montaxe e clasificación de especies é aberta ao público e o resultado da mesma poderase ver durante a mañá da feira de fungos.

Lugar: Sala de Exposicións do Mercado Vello.

O MUNDO DA MICOLOXÍA. Mostra dos traballos realizados polos escolares das Pontes.

Lugar: Sala de exposicións do Soto da Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28)

MOSTRA DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE OUTONO.

Fungos e cogomelos frescos e envasados, algas, doces, derivados do mel, lácteos, hortalizas ecolóxicas o outros produtos.

Lugar: Rúas Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas Horario de apertura: de 10.30 a 14:30 h.

DEGUSTACIÓNS a partir das 12.00h “PRACER PARA OS SENTIDOS”

Mel e queixo do Eume. As propiedades do mel xúntanse ás nutricionais do queixo. (Postos de da Asoc. AGA-Eume e Queixerías del Eume)

Chocolates, pastas e cafés do mundo. (Posto Comercio Xusto)

MENÚ DA FEIRA

Lentellas guisadas con níscalos, pleorotus e champiñóns.

Lasaña de polo con boletus edulis, rebozuelo e trompetillas.

Sobremesa: tarta de requeixo con mel

Bebida: viño auga e refrescos

Lugar: carpa instalada no patio do Colexio Sta. María ·(os menús tamén estarán dispoñibles para levar)

Horario de servizo de menús: 12:30 a 15:00 h

Prezo: 10 €

Tickets á venta na caseta de información dende as 11.00h

ENTREGA DE PREMIOS ás 12.30h

Entrega de premios dos concursos de fungos e o mundo da micoloxía.

Lugar: carpa instalada no patio do Colexio Sta. María

ANIMACIÓN, MÚSICA Durante toda a xornada contaremos con animación musical polas rúas da feira.

ADEMAIS ……

18.30h MONÓLOGO ALEX CLAVERO

# mimadreestrendingtopic. Un entrañable, nostálxico e desternillante viaxe pola infancia do humorista Alex Clavero que te deixará sen palabras.

Auditorio Municipal Cine Alovi, 18:00 h

Reserva telefónica de entradas (981 44 03 44): de martes 28 a xoves 30 de 10:00 a 14:00 h (máximo 4 entradas por persoa)

Horario de taquilla: venres 31 de 12:00 a 13:30 h (billeteira do Auditorio M. Cine Alovi)

sábado 1: na caseta de información da Feira de Fungos e Cogomelos

17:30 h na taquilla do Auditorio M. Cine Alovi

Prezo: 3 €

CANTOS DE TABERNA a partir das 12 do mediodía percorrido polos locais colaboradores de grupos participantes.

7º MERCADO DE OPORTUNIDADES VILA DAS PONTES “MOVA 2014”

(Sábado 1 de 9.30 a 19h e domingo 2 de 10.30 a 19h)

Lugar: Avda. da Coruña

CASA DO MEL ( visitas guiadas )

Lugar: Goente

Horario: 16:00 – 21:00 h.

Pode consultar as bases do concurso neste link: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/10/24/2014_0000011140.html