Probas libres de obtención do título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos en Galicia no 2020

Probas libres de obtención do título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos en Galicia no 2020

A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos no 2020, nas convocatorias de maio e setembro.



DATAS PARA A MATRÍCULA:

– Convocatoria de maio: do 16  ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.


As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin que teñan que presentar nova documentación.

DATAS DOS EXAMES:

– Convocatoria de maio: 29 de maio de 2020
– Convocatoria de setembro: 4 de setembro de 2020

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

CENTROS ONDE FACER A INSCRICIÓN:  Ver resolución.
DOCUMENTACIÓN PARA A INSCRICIÓN:  Ver resolución.

PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:
As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.
MATERIAS DA PROBA:

Proba de ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de:

  • Matemáticas
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química
  • Tecnoloxía
  • Aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.


Proba de ámbito social, que inclúe exercicios das materias de:

  • Xeografía e Historia
  • Economía
  • Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial
  • Aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.


Proba de ámbito da comunicación, que comprenderá os exercicios de:

a) Lingua Galega e Literatura.

  • Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
  • Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

  • Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.
  • Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

EXENCIÓN DE LINGUA GALEGA: 
Durante o período de inscrición as persoas que acrediten a súa procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, poderán solicitar ó Director/a do centro onde realicen a inscrición a solicitude de exención para non seren avaliados nesa proba. O Director/a resolve a concesión ou denegación de dita exención.


ENLACE CON MATERIAIS PARA PREPARAR A PROBA:

(Os materias anteriores son de Educación Secundaria de Adultos, non son específicos para a preparación da proba, pero son unha referencia que pode guiar a preparación)

COMPARTIR
Artigo anteriorSan Valentín
Seguinte artigoO futuro é femenino