Probas libres de obtención do título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos en Galicia no 2017

A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos no 2017, nas convocatorias de xuño e setembro.


DATAS PARA A MATRÍCULA:
– Convocatoria de xuño: 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
DATAS DOS EXAMES:

– Convocatoria de maio: 2 de xuño de 2017
– Convocatoria de setembro: 7 de setembro de 2017
REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin que teñan que presentar nova documentación.

LUGARES PARA A MATRÍCULA:  Ver resolución.

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA:  Ver resolución.

MATERIAS DA PROBA:

Proba de ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de:

  • Matemáticas
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química
  • Tecnoloxía
  • Aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.

Proba de ámbito social, que inclúe exercicios das materias de:

  • Xeografía e Historia
  • Economía
  • Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial
  • Aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Proba de ámbito da comunicación, que comprenderá os exercicios de:

a) Lingua Galega e Literatura.

  • Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
  • Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

  • Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.
  • Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

ENLACE CON MATERIAIS PARA PREPARAR A PROBA:

(Os materias anteriores son de Educación Secundaria de Adultos, non son específicos para a preparación da proba, pero son unha referencia que pode guiar a preparación)

ENLACE COAS PROBAS DE CONVOCATORIAS ANTERIORES:


CONVÉN CONSULTAR ESTES ENLACES PARA INFORMARSE ADECUADAMENTE DAS PROBAS:

COMPARTIR
Artigo anteriorEn contra da LOMCE
Seguinte artigoPara estudiar